1. Misión R43X75.

Unha bala perdida, procedente do planeta Giblon. Supoño que ese son eu. A historia da miña vida. Parece que inda escoito os berros de Iguané, o meu superior inmediato:

- M13, desta volta espero que non a cagues! Misión R43X75. Chegas, marcas a túa posición e reportas. Non pode ser máis simple. Darás feito?

Vale, recoñézoo, son un desastre, é o meu destino e non o podo evitar. A misión era doada, nin sequera eu a podería cagar, pero caguei e ben cagada. Saín puntual de Base7, por aquilo de causar boa impresión, e nada máis chegar ao punto destino, baixei un cachiño da nave a estirar as pernas. Quen ía imaxinar que o sistema de autobloqueo se activa igual cando un olvida as chaves dentro? Odio estes novos transbordadores con todo autómatico. E que non tiveron en conta cando os deseñaron aos tipos coma min?

No hay comentarios:

Publicar un comentario